
Kafka escribiu a súa Carta ao pai, (Irmás Cartoné, 2024), en novembro de 1919, despois da ruptura do seu compromiso con Julie Wohryzek. A figura do pai autoritario determinou os universos absurdos da súa narrativa.
Este fillo xa non vai aturar a lei da tradición. Na tenda familiar Kafka aprende a rexeitar a brusquidade do comercio. A visión pouco virtuosa do xudaísmo de Hermann Kafka propicia a procura da súa propia espiritualidade.
Este desfacerse das xeracións apóiase nun sentimento de humillación polas expectativas paternas, que desemboca nun fondo sentimento de culpa. E, finalmente, o marca coa súa incapacidade para o matrimonio.
A escrita vai resolver este conflito. Pode dicirse que o pai de Kafka foi o lévedo da súa obra. Desta revolta existencial xurdirían as súas obras mestras.
Hermoso! Una maravilla! Te mando un gran abrazo desde argentina