A lóxica da beleza

Berta Dávila, Carrusel, Editorial Galaxia, 2019

Carrusel é a primeira novela de autoficción de Berta Dávila, un relato da progresión dunha muller ao longo da experiencia da enfermidade mental e da perda dun embrión. A escrita é, pois, un xeito de ensaiar maneiras de existir no mundo. De domealo. Esta autorrepresentación é o signo da existencia. Fóra da palabra non somos máis ca unha sombra, unha posibilidade que non se cumpriu. Escribir é quizais tamén desprenderse das historias superfluas que esborranchan o destino. O significado está nos detalles, nesa matemática do real onde as series numéricas conectan facendo unha serie de liñas recta que nos proxectan ao infinito.

Nesta escrita dunha mesma, as labores do espírito expándense. Precisamos pescudar o significado exacto das cousas, dos obxectos anódinos que nos arrodean no percorrido misterioso das nosas vidas. Hai unha ciencia exacta detrás de cada acontecer, eses son os elementos da novela. A escrita apréciase como xogo, rito iniciático, compás do porvir que atravesa as nosas xeografías, os nosos medos e máis os soños. En Carrusel asistimos ao estabelecemento dunha poética, dunha teoría da novela, dos principios da escrita de Berta Dávila.

Aparece unha conciencia da percepción como ferramenta que atravesa a realidade para desvelar as súas imposturas. É necesario facer un exercicio de estrañamento, pescudar esas leis non escritas que explican a mecánica dos corpos. Hai unha liña recta que nos conecta co noso pasado. É tamén o percorrido do destino, unha viaxe ineludible. A escrita amosa unha vontade de superar as aparencias e achegar o ollo ao envés intelixible da Creación, a esa matemática perfecta na que se fundamentan todas as cousas. As caixas de música reflicten esa idea de perfección, a dedicación e o encanto da bailarina, as matemáticas da circunferencia, quizais o número cero, o ermo, o instante de silencio absoluto que precede á palabra, o nomeamento de todas as cousas que nos importaron.

Nas novelas de autoficción, a mirada artéllase en base a unha intelixencia dual. Dunha banda, a vontade de traspasar a fina lámina da realidade, de adquirir un coñecemento do mundo. Doutra, unha dedicación á indagación nunha mesma. O encanto de xirar no carrusel, de progresar nesa espiral da existencia, a intuición de todas as orixes, dos finais, a satisfacción de saberse perdida, de aceptar esa destrución do ser, esa liberdade, a caída nas portas do Paraíso.

A crise nun vencello que se considera vital para a existencia, neste caso a relación co tío Carlos, ou a ameaza desa rotura, da deformación das memorias atesouradas daqueles escenarios que nos marcaron, esa é a rompente do trastorno. A experiencia da infancia no carrusel é o escenario do soño, ese carrusel que se converterá en metáfora da experiencia do mundo, dese esforzo por acadar a comprensión de todas as cousas, tamén das roturas nas vidas que quixemos. Esas perdas, esas ausencias, están na orixe da enfermidade, do dano que se transmitiu no ADN, esa aparición do cabalo negro do carrusel, o rastro da maldición, o círculo infinito, a repetirse.

Ese circuíto infinito que é a marca da enfermidade é tamén o sinal da graza. A necesidade de repetir os propios rituais, de afondar nas obsesións, de comprender a orde no mundo. Esa enerxía do mercurio, o elemento desta autoficción, ese esforzo por comunicar os rastros incomunicables da experiencia, é o signo do xenio de Berta Dávila como escritora. Porque todo está na escrita: o soño e máis a súa tradución simbólica, a palabra que é xerada nese eixo, na roda dos tempos, na cruz do pensamento. A escrita é esa vontade de conectar os tempos da existencia, de recuperar o que se perdeu no quebrantamento da conciencia.

Houbo experiencias que explicaron o futuro, é preciso atopalas, mergullarse na memoria, nos fragmentos interrompidos do significado. Vivimos nun tempo que non se explica a si mesmo. Esa é a tarefa da literatura, da arte: a narración dun presente complicado. A vida empeza a ser entendida como xogo, como crebacabezas, como neurose. Escribir novelas é a única ocupación posible. A Historia rematou, e todo o que fica son os anacos, as instantáneas dunha paixón recobrada, o intre da transfiguración.

O carrusel é ese ensimesmamento transcendente, ese entresoño polo que comprendemos o pasado e o futuro, a revelación da vida a escribirse nun presente infinito, todos os designios a facerse aparentes no momento do seu cumprimento. A literatura recolle esa mesma experiencia a repetirse na circunferencia, na fronteira precisa entre o que ficou e o que xa non está. Esa é talvez a ensinanza do mercurio, a comprensión das dobraduras do espazo-tempo, das recorrencias, da serie infinita de transformacións que están na orixe do mundo, a matemática precisa das historias, o noso encaixe na fábula da Creación.

A escrita é para Berta Dávila a mecánica do ser, o código que transcribe as matemáticas da existencia. A palabra permítenos habitar o mundo, poñer orde, apañar o lume do entendemento e proxectalo na literatura, nesta vida escrita, a vida que é vivida no seu relato, nesta autoficción que revela e agocha a experiencia da escritora, que nos descobre a nosoutras mesmas sen traizoar o segredo.

O fogar é ese lugar onde avellentamos, onde fuximos de todo salvo da comprensión de nós mesmas, da capacidade de nos redimir simplemente quedando quedas, sempre a xirar nun mesmo carrusel, o tren que non se colleu, que marchou porque precisabamos despedirnos da novidade, deixar marchar o tempo, renunciar a todas as cousas e ficar en soidade dando voltas na mesma casa en cada estación, na estación da paixón e na estación do dó e da preparación para a morte.

Belleza derramada

Guadalupe Nettel, La hija única, Editorial Anagrama, 2020.

Laura vive su no-maternidad con un fervor evangélico, está convencida de que no debe multiplicarse. Quiere ser libre, vive atada a su escritura. Quiere hacer algo por ella misma. La tientan los viajes interoceánicos, los contrastes entre culturas, la búsqueda espiritual.

Cuando regresa a México, su amiga Alina se queda embarazada. Laura decide involucrarse. Su compromiso emocional se incrementa cuando llegan las malas noticias, en el octavo mes de gestación. El bebé, Inés, padece una microlisencefalia. Su diversidad neurológica es debida a la mutación de un gen en el cromosoma 17. Quizás el destino estaba escrito en las estrellas. La discapacidad es una prueba moral de la que no todas las familias salen airosas. Es una oportunidad de desarrollar la fortaleza del espíritu, de alumbrar una nueva dignidad en la existencia. En los cuidados a las personas dependientes no hay ganancia ni promoción, solamente hablamos de una potencia del alma. Entregarse y perderse en el otro, la familia como contrapeso a los valores del mundo.

Hay tantas oportunidades para que una mujer ejerza la maternidad en nidos ajenos. Laura observa el nido que unas palomas han construido en su balcón. La cría es un pajarito feo que no se parece a sus padres. Las palomas cuidan y alimentan a este pequeño cuco como si fuera propio. Se trata de un caso de parasitismo de puesta. Ocurre algo parecido cuando Laura se ocupa del hijo pequeño de su vecina Doris, un niño traumatizado y difícil cuya madre renuncia a la crianza. Involucrándose en diversas redes de cuidados, Laura experimenta una vivencia alternativa de la maternidad que está de acuerdo con las condiciones que ha establecido para su propia existencia, su decisión de no traer nadie a este mundo porque ya se ha derramado demasiada belleza. Nos abruman las existencias sorprendentes de seres únicos que no son queridos por nadie, que aguardan nuestro gesto de compasión, nuestro compromiso.